Recomendacións para o envío de traballos

Cando cree un deseño, utilice algún dos seguintes programas profesionais:

Se nos facilita arquivos PDF estándar, pode utilizar calquera programa para os seus deseños.

Se ten dúbidas, faga un PDF “calidade de prensa”, e vexa a apariencia dos seus textos antes da impresión.

Non recomendamos empregar programas de oficina:

Photopaint, Paint, Powerpoint, Publisher,Word, Excell, ...

- Indicar se o documento está realizado en PC ou MAC e o programa empregado.
- Preferiblemente traballos en PDF de alta resolución, con cruces de corte e sangues.
- Realizar os documentos a tamaño final de páxina.
- Achegar todas as tipografías utilizadas, tanto as de pantalla coma as de impresora.
Se é posible envíenos todas estas convertidas a curvas.
- Todas as imaxes e elementos a imprimir, deben estar en CMYK a 300 ppp.
- Indicar claramente as cores que deben ir en CMYK e as que son directas.
- Non utilizar lineas con valor extrafino, nin con valores inferiores a 0,08 m/m ou a 0,216 pt.
- As páxinas con fotos ou fondos con corte xusto ao borde do documento deberán incluir 3m/m de sangues.
- Non usar a cor rexistro, o papel estucado admite como máximo un 340% de tinta e o offset un 280%, respecte estas pautas e o resultado final dos seus traballos será o axeitado.
- Para trípticos, polípticos e desplegables envolventes, os corpos interiores deben ser desmentidos 2 m/m.
- Se é posible envíenos a súa última proba de impresora, para comparala co arquivo recibido.
- En traballos con pantones, verifique que haxa tantas tintas coma as que quere imprimir.

Galega de Economía Social Artes Gráficas de Galicia Cluster Gráfico Galego