Impresión offset

A nosa planta de maquinaria permítenos ofrecer produtos gráficos de múltiples características, podemos imprimir dende un tamaño tarxeta ata un formato 70 x 100 cms. sobre calquera tipo de papel, cartón ou cartolina e tamén certos materiais sintéticos.
Papelarías, folletos, carteis, libros, catálogos, revistas.... enchen de traballo as nosas máquinas.

- Maquinaria Heidelberg e KBA.
- Produción a dúas quendas.
- Papeis, tintas e vernices selecionados axeitadamente para cada traballo.
- Profesionais cualificados, dotados dos medios para garantir altas velocidades de impresión cunha calidade acorde ás súas necesidades.

Galega de Economía Social Artes Gráficas de Galicia Cluster Gráfico Galego